O novo Peugeot 3008 é compatíbel con Android Auto

O fabricante de vehículos Peugeot vén de anunciar que o seu novo SUV Peugeot 3008 chega con soporte para Android Auto. Esta plataforma permite ás usuarias conectar facilmente os móbiles Android ao ordenador do coche e disfrutar de moitas aplicacións de maneira segura.

A diferenza das distraccións que poderíamos ter empregando un móbil como asistente á condución, por non estar especialmente deseñado para iso, Android Auto facilita a interacción condutor – sistema grazas ao uso da voz.

O novo vehículo de Peugeot conta de forma predeterminada en todos os níveis de equipamento (Allure, GT Line e GT) co sistema de información e entretemento propio da marca, Peugeot Connect Nav. Este ofrece unha xeración de navegación 3D conectada, que funciona tanto a través de comandos táctiles como coa voz.

Así mesmo, tamén está equipado con TomTom Traffic, o que permite coñecer o estado do tráfico en tempo real, ofrecendo rutas alternativas, datos sobre o estado do tempo e mesmo os prezos do combustíbel e dos aparcadorios nos arredores de onde está situado o coche.

Vía

Sobre o autor

Reply