Vodafone amplía notabelmente os gigas das súas tarifas sen subir de prezo

Hai uns días Movistar sorprendeunos coa xenerosa ampliación de datos nas súas tarifas de móbil, e agora é a quenda de Vodafone. As usuarias da operadora vermella van ver os datos das súas tarifas moi ampliados, chegando até os 35 GB coa proposta máis ambiciosa.

Deste modo, as tarifas de Vodafone actualizadas quedan da seguinte maneira:

  • Smart S (25 €/mes). Pasa de 2 a 6 GB de datos ao mes, e manten os 200 minutos en chamadas.
  • Red M (35 €/mes). Pasa de 4 a 10 GB de datos, mantendo as chamadas e SMS ilimitados.
  • Red L (45 €/mes). Pasa de  6 a 20 GB de datos, mantendo as chamadas e SMS ilimitados.
  • Red XL (65 €/mes). Pasa de 10 a 35 GB de datos, mantendo as chamadas e SMS ilimitados.

Totas estas novas tarifas de Vodafone siguen mantendo o roaming sen recargo adicional en Europa e no Estados Unidos, así como acceso a 15 canles da TDT de maneira gratuíta a través de Vodafone TV.  Ademais, non existe compromiso de permanencia, agás que se asocie á adquisición dun terminal.

 

Sobre o autor

No Responses

Reply