Elephone vén de poñer á venda no noso país o Elephone R9, un dispositivo que xa se pode mercar na tenda online en varias cores (azul, negro e ouro) e en dúas versións, 3 GB de RAM + 32 GB de ROM ou 4 GB de RAM + 64 GB de ROM.
O trebello destaca por un coidado deseño en comparación con outros modelos da mesma gama, no que predominan as liñas redondeadas, o seu corpo lixeiro e delgado e unha gran relación pantalla / frontal do dispositivo.
En canto ás súas características, o Elephone R9 conta cunha pantalla FHD de 5,5 polgadas (1080 x 1920 píxeles) con protección Gorilla Glass 3, e no seu interior alberga un procesador MediaTek Helio X20, de 10 núcleos e arquitectura de 64 bits, que pode ir combinado coas opcións de 3 + 32 GB ou 4 + 64 GB, ampliábeis mediante microSD de até 128 GB.
A cámara principal é de 13 megapíxeles, con apertura f/2.2, e a frontal de 5 Mpx cunha apertura f/2.4. No apartado da autonomía, temos unha batería de 3000 mAh de capacidade con carga rápida, e completando a súa folla de especificacións temos un lector de pegadas dixitais e Android 6.0 – Marshmallow.
En canto a prezos, o modelo de 3 + 32 GB custa 269,99 €, mentres que a versión de 4+ 64 GB sube até os 299,99 €
Máis info | Tenda Elephone