KF5 Bless Cork Edition, un móbil de cortiza con selo portugués

Nun mercado cada vez máis saturado de marcas e modelos resulta difícil destacar, mais este teléfono non nos deixou indifirentes. Falamos do KF5 Bless Cork Edition, un dos modelos que o fabricante portugués IKI Mobile levará ao Mobile World Congress como xoia da súa coroa. O que fai especial a este dispositivo é que está fabricado en cortizo.

O dispositivo é en realidade unha edición especial do KF5 Bless, cuxa única diferenza é o material co que está fabricado, xa que internamente son iguais. A pesar do que puidéramos pensar, o trebello é resistente á auga e ao pó, mais tamén aos golpes, aguantando mellor as caídas que outros modelos fabricados en cristal ou metal.

En canto ás súas especificacións, a pantalla é un panel IPS de 5 polgadas, resolución HD (720 x 1080 píxeles) e protección Corning Gorilla Glass 4. No interior leva un procesador MediaTek, o modelo MT6753, de oito núcleos a 1,3 GHz, 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis mediante microSD de até 128 GB.

No apartado fotográfico temos unha cámara principal de 13 megapíxeles, fabricada por Sony, con dobre flash LED, mentres que a frontal é un modelo de 8 Mpx. A súa batería ´de 3000 mAh de capacidade, e o sistema operativo é unha versión modificada de Android 5.1 chamadas IKI Mobile OS 1.0, aínda que está previsto a actualización a Android 6.0.

Segundo parece, terá un prezo aproximado aos 280 euros, e porase á venda nas próximas semanas no noso país.

Sobre o autor

Reply