A semana pasada Tuenti anunciou novas tarifas, que se resumen en tres opcións con diferentes cantidades de datos: LOL (1 GB por 6 €/mes), OMG (4 GB por 14 €/mes) e WTF (7 GB por 21 €/mes). Porén, estes cambios tamén trouxeron consigo un cambo nas condicións, eliminando o sistema de devolución dos megas non consumidos.
Certamente o sistema que empregaba Tuenti para facer esta devolución era bastante enrevesado, xa que exixía que as usuarias cumprisen unha serie de condicións. Aínda que a publicidade falaba dunha devolución de 1.75 € por cada 256 MB non consumidos da tarifa, a letra pequena era a seguinte:
- Como mínimo pagábase 5,25 €/mes, independentemente de que sobraran bloques de megas nesa cantidade.
- A devolución era por bloques de 256 MB. Non se devolvía nada se nos sobraban 255 MB ou menos.
- A devolución non afectaba aos bonos de datos extra, os que as usuarias podían mercar para ampliar datos ao consumir a tarifa contratada.
Coas novas tarifas as usuarias de Tuenti teñen a opción de pagar polo exceso de tráfico (4 cént/MB en tarxeta ou 1,2 cént/MB en contrato) ou elixir un bono de datos, tendo a elixir 250 MB por 1,50 € ou 1 GB por 6 €.
Que vos parecen estes cambios?