Huawei anuncia unha nova versión do seu reloxo intelixente: así é Huawei Watch 2

Ademais de presentarnos os seus novos dispositivos de referencia, os novos P10 e P10 Plus, Huawei non quixo deixar pasar a oportunidade de dar a coñecer o seu novo reloxo, o Huawei Watch 2, que deixando atrás toda unha serie de rumoroloxías, leva Android Wear 2.0 e non Tizen, como se tiña especulado.

Esta nova versión do reloxo é moito máis deportiva, e en certa maneira lémbranos ao recén presentado LG Watch Sport. Como gran novidade dispón dunha pequena ranura para a nanoSIM, mais tamén é compatíbel coa e-SIM se o noso operador admite esta tecnoloxía.

Está equipado cunha pantalla circular de 1,2 polgadas, e no seu interior leva o procesador Qualcomm Snapdragon Wear 2100, xunto con 4 GB de memoria na que podemos almacenar a nosa música ou outros arquivos multimedia. En canto á conectividade, ten Bluetooth, WiFi, NFC para pagos móbiles e NFC. A súa batería é de 420 mAh e, como curiosidade, dispón de altofalante, de maneira que podemos empregar o dispositivo de forma totalmente independente.

Está previsto que chegue ao noso país no mes de marzo, cun prezo de partida de 329 euros na versión unicamente WiFi. No caso de preferir a alternativa con LTE teremos que pagar 379 €.

Sobre o autor

Reply