Os últimos rumores falaban de que Samsung anunciaría o Galaxy S8 (e a súa variante Galaxy S8 Plus) nun evento en New York o próximo 29 de marzo, rumor que hoxe se fixo oficial. A compañía aproveitou o lanzamento da súa Galaxy Tab S3 para aumentar a espectación e dar máis información sobre o seu próximo evento.
Non cabe dúbida de que o lanzamento do novo Galaxy S8 é un dos eventos máis agardados deste ano no mundo tecnolóxico, máis aínda logo de todo o acontecido co fallido Galaxy Note 7.
En calquera caso, Samsung soubo reaccionar rápido, levando a cabo unha retirada de centos de milleiros de unidades, no noso país antes de que chegar a poñerse á venda de maneira oficial. Ademais, todo o acontecido deu pé a unha investigación cuxos resultados foron publicados hai unhas semanas e unha campaña publicitaria no que explican o novo proceso.
Haberá que agardar uns días para descubrir todas as novidades do novo móbil de Samsung, no que estamos seguras teremos máis dunha sorpresa.