MediaTek anuncia o Helio X30, destinado a terminais premium

MediaTek anunciou no Mobile World Congress o seu novo procesador, o Helio X30, destinado aos smartphones de alta gama que precisan potencia para un gran rendemento ao tempo que un baixo consumo enerxético. Trátase do chipset máis avanzado da compañía, e xa se atopa en proceso de produción masiva, aínda que os primeiros smartphones que o integrarán non estarán dispoñíbeis até o segundo trimestre do ano.

O MediaTek Helio X30 conxunta a arquitectura Tri-Cluster de 10 núcleos de MediaTek no que vén a ser o primeiro procesador da marca fabricado con tecnoloxía de 10 nm. Isto fai posíbel reducir o consumo enerxético nun 50%, ao tempo que aumenta o rendemento nun 35% con respecto á xeración anterior de procesadores MediaTek.

Os 10 núcleos do Helio X30 repártense en dous ARM Cortex-A73 de 2,5 GHz, catro ARM Cortex-A53 de 2,2 GHz e catro ARM Cortex-A35 de 1,9 GHz. Ademais, o modem LTE WorldMode Cat.10 soporta grandes velocidades de conexión grazas ao soporte para tres enlaces descendentes Carrier-Aggregation (3CA) e dous enlaces ascendentes Carrier Aggregation (2CA).

Na parte multimedia, o Helio X30 soporta os principais SDKs de realidade virtual así como unha cámara dual de 14 bits16 + 16MP, brindando funcionalidades avanzadas, como a combinación de lentes gran angular + zoom para efectos de profundidade de campo en tempo real, unha rápida exposición automática e funcións de redución de ruído en tempo real para condicións de pouca iluminación.

Sobre o autor

Reply