ZTE vén de anunciar desde o MWC que o seu ZTE Blade V8 chegará ao noso país a mediados de marzo, mentres que o ZTE Blade V8 Lite, unha versión reducida, faráo algún tempo despois. Ambos os dous, xunto ZTE Gigabit Phone anunciado onte, son os principais reclamos da firma nesta edición do Mobile World Congress.
ZTE Blade V8
O ZTE Blade V8 é destaca no aspecto fotográfico, xa que está provisto de funcionalidades que permiten obter fotos con efecto Bokeh e efectos 3D, grazas a que conta con dúas cámaras traseiras, de 13 e 2 megapíxeles, respectivamente. Esta capacidade de detectar a profunidade e a distancia facilita tomar imaxes semellantes ás que se toman en modo macro coas cámaras réflex dixitais. Na parte frontal tamén dispón de dobre cámara, permitindo combinar fotos desde diferentes ángulos para conseguir imaxes 3D de alta calidade.
Leva un panel HD de 5,2 polgadas, con curvatura 2.5D nos laterais, e no seu interior un procesador octacore, con catro núcleos funcionando a 1,4 GHz e outros catro a 1,1 GHz. Xunto a eles, 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria intera ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 128 GB.
Na parte frontal leva un botón de inicio combinado, que tamén serve como lector de pegadas dixitais, e como sistema operativo emprega Android 7.0 Nougat.
Está previsto que chegue ao noso país a mediados do mes de marzo por 269 euros, un prezo bastante acaído para un dispositivo destas características.
ZTE Blade V8 Lite
Máis modesto é a versión Blade V8 Lite, un modelo máis económico pero que mantén un deseño premium, pero que ve recurtadas as súas características. Incorpora un panel de 5 polgadas IPS, procesador octacore MediaTej 6750, 2 GB de memoria RAM e 16 Gb de memoria ROM (+128 GB a través de microSD).
Dispón de dobre cámara, a principal de 13 e a frorntal de 8 megapíxeles. O lector de pegadas dixitais sitúase na parte traseira, e novamente vén con Android 7.0 Nougat.
Sobre a súa dispoñibilidade e prezo, a compañía indica que será posto á venda no noso país algunhas semanas despois da versióne estándar, imaxinamos que cun prezo que rondará os 200 – 220 euros.