Energy Sistem anuncia o Energy Phone Pro 3 e outras novidades no MWC

Energy Sistem repite un ano máis como marca expositora no Mobile World Congress, e faino presentando catro novos dispositivos. De todos eles, o que acapara todo o protagonismo é o novo Energy Phone Pro 3, un smartphone que incorpora dobre cámara traseira de 13 megapíxeles, grazas as cales conséguense mellores fotos e mesmo un efecto 3D.

O dispositivo leva unha pantalla de IPS de 5,5 polgadas con resolución Full HD e protección DragonTrail. No seu interior alberga un procesdor ARM Cortex A53 de oito núcleos a 1,5 GHz, 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna.

No apartado multimedia destacan a xa nomeada dobre cámara traseira de 13 megapíxeles, que se complementa cunha aplicación de cámar que permite sacarlle todo o partido, e escoller como queremos sacar as fotos. Por outro lado, tamén temos unha cámara frontal de 5 megapíxeles.

A batería ten unha capacidade de 3000 mAh, con sistema de carga rápida e conector USB Tipo C. Tamén é compatíbel coas redes 4G e dispón de lector de pegadas dixitais. O sistema operativo é Android 7.0 Nougat e chegará ao mercado por 269 euros.

Energy Tablet Max 3

Por outro lado, Energy tamén presentou unha tablet básica, pensando nun uso exclusivamente doméstico e multimedia. Neste senso, dispón dunha pantalla IPS HD de 10,1 polgadas e son Xtreme Sound. O procesador é un modelo sinxelo de 4 núcleos, e conta cunha memoria interna de 16 GB, ampliábel mediante tarxetas microSD de até 128 GB. O seu prezo é de 119 euros.

Energy Headphones 1 Bluetooth

Os Energy Headphones 1 Bluetooth son uns altofalantes que poden funcionar por Bluetooth, de maneira totalmente sen fíos e cunha autonomía de 8 horas, ou tamén mediante cable. Están dispoñíbeis por 24,90 € en catro cores, negro, branco, vermello e azul.

Energy Towe 3 G2

Por último, como marca especializada en audio, non podía faltar outro trebello orientado ao audio. Trátase da Energy Tower 2 G2, un sistema de son en forma de torre 2.1 con 45 W de potencia, pensada para escoitar a música coa mellor calidadade e sen cables, xa que tamén incorpora Bluetooth. Poderase mercar por 69,90 euros.

Sobre o autor

Reply