Así é o LG X Power 2, a renovación do terminal coa batería de máis capacidade de LG

LG apostou co seu LG X Power por unha liña de terminais nos que destacara por riba do resto una característica, a batería, e semella que esta aposta tivo unha boa acollida, pois veñen de presentar  unna nova versión mellorada baixo o nome de LG X Power 2.

Se na primeira versión a batería contaba cunha capacidade de 4100 mAh que nesta segunda pasa a ser de 4500 mAh con carga rápida o que permite acadar cotas de autonomía moi superiores á competencia. Do resto de especificacións destacamos:

  • A nova pantalla de maior tamaño, que pasa das 5,3″ ás 5.5″ que axuda a mellorar a experiencia multimedia.
  • Un novo procesador de oito núcleos de Mediatek, que corre a 1,5 GHz, mantendo os 2 GB de RAM.
  • Cámaras de 16mpx para a principal e 5mpx para a dianteira con gran angular.
  • A memoria interna é de 16GB , aínda que conta cun slot para microSD de até 2TB.
  • Leva LTE, Bluetooth 4.2 e microUSB con OTG.
  • Android 7.0 Nougat.

O novo trebello estará á venda este mesmo mes de marzo en catro cores: negro mate, negro brillo, dourado e azul.

Sobre o autor

Reply