Lycamobile rebaixa os bonos de 4 e 6 GB e triplica os datos das “Todo incluído”

Nas últimas semanas moitos operadores fixeron reaxustes nas súas tarifas, moitas delas orientadas a aumentar significativamente a capacidade dos seus bonos de datos, aínda que tamén o seu prezo. Por iso resulta chamativa a estratexia de Lycamobile, que apostou xustamente polo contrario: rebaixar o prezo dos bonos de datos.

Desde xeito, Lycamobile rebaixa o bono de 4 GB aos 14 €, mentres que o de 6 GB baixa até os 19 euros. En ambos casos non existe compromiso de permanencia algún, e a súa validez é de 30 días desde o día da contratación, que se pode facer enviando a palabra PLANAHORRO ao 2525 por SMS.

Por outro lado, nos plans Todo Incluído 10 e Todo Incluído 20, a operadora virtual multiplica por tres os datos. Así, por 10 € poderemos ter 150 minutos de chamadas internacionais, 1,5 GB de datos, 1000 minutos a Lycamobile e 1000 SMS nacionais, mentres que por 20 € accederemos a 500 minutos de chamadas internacionais, 3 GB de datos, 2000 minutos a Lycamobile e 4000 sms nacionais.

Sobre o autor

Reply