LeEco anuncia o novo LeEco Le Pro 3 Elite Edition

O fabricante chinés LeEco vén de anunciar o lanzamento dun novo dispositivo, o LeEco Le Pro 3 Elite Edition, unha versión renovada do Le Pro 3 do 2016 con procesador Qualcomm Snapdragon 820 e unha batería de gran capacidade.

O trebello vén cunha pantalla IPS de 5,5 polgadas, resolución FullHD (1920 x 1080 píxeles, 400 píxeles por polgada) e unha lixeira curvatura 2.5D en ambos bordes. No seu interior leva o xa comentado procesador Qualcomm Snapdragon 820, de catro núcleos a 2,2 GHz, xunto con 4 GB de memoria RAM e 32 GB de almacenaxe interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD.

No apartado multimedia temos unha cámara principal de 16 megapíxeles e outra frontal de 8 megapíxeles. Complementando as súas prestacións temos unha batería de 4070 mAh con carga rápida Quick Charge 3.0 e un lector de pegadas dixitais, que se sitúa na parte traseira do modelo.

Dispoñibilidade e prezo

O novo LeEco Le Pro 3 Elite Edition xa está á venda na China por uns 210 euros ao cambio, e de momento non hai novas sobre a hipotética saída do pais asiático, aínda que nas próximas semanas poderíamos ter novas a este respecto.

Sobre o autor

Reply