WhatsApp reorganiza a interface para facilitar o envío de arquivos anexos

As aplicacións de mensaxería son das máis dinámicas en canto a actualizacións con novas funcionalidades. Nesa liña, a última beta de WhatsApp incorpora varias novidades orientadas a facilitar a experiencia do usuario en todo o relacionado cos arquivos anexos e co inicio de chamadas ou videochamadas.

Até o de agora, cando estabamos a escribir unha mensaxe e queríamos enviar un arquivo anexo (fotografías, vídeos, contactos, documentos…) debíamos clicar na parte superior, mais na última beta aparece ao lado do campo de escritura, xunto unha nova icona de cámara.

Por outra banda, as chamadas e as videochamadas contarán agora co seu candaseus botóns adicados, axilizando o proceso para establecer unha conversa, dado que agora tiñamos que clicar no botón “teléfono” e seleccionar como completar a acción, se con chamada de voz ou de video.

Como acontece con todas as novidades que aparecen nas versións beta de WhatsApp, nas próximas semanas chegarán a todo o mundo na versión estable a través dunha actualización na Play Store.

Vía

Sobre o autor

Reply