Xa é posíbel enviar e recibir cartos a través de Gmail (pero só nos EUA)

Google anunciou onte o lanzamento dunha nova funcionalidades para Gmail, que supón a integración de Google Wallet na app de correo electrónico. Grazas a ela poderemos enviar e recibir cartos directamente, como se se tratase dun arquivo anexo máis. De feito, esta nova funcionalidade aparecerá como unha opción (“Send money”).

Esta solución está pensada para realizar micropagamentos, como os que poderían derivarse dunha cea ou un agasallo que se merca en grupo. Porén, como adoita acontecer con este tipo de funcionalidades de Google, nun primeiro momento só vai estar dispoñíbel nos Estados Unidos, e aínda non hai unha data para que se implemente noutros territorios.

Máis info | Google

Sobre o autor

Reply