Hai unhas semanas Pepephone anunciou que tiña previsto lanzar unha oferta de fibra óptica, que estaría dispoñíbel como actualización ás clientas do seu ADSL sen teléfono como para novos clientes. A falta de confirmación oficial, vense de filtrar cal será a oferta comercial da compañía dos lunares, agora en mans de MásMóvil.
Pepephone seguirá apostando por ofrecer unha oferta sinxela, que consistirá nunha conexión simétrica de 300 Mbps por 34,60 €/mes, aos que habería que sumar 190 euros en concepto de alta e instalación, que se poderán pagar de vez ou a prazos, cunha primeira cota de 90 euros e 10 de 10 euros cada unha.
A cobertura que empregará Pepephone é a mesma que a de MásMóvil, con accedo á rede de fibra de Orange, que xa chega a 6,5 millóns de fogares en todo o estado.