O Xiaomi Mi6 queda sen o Snapdragon 835

Xiaomi a día de hoxe xa é una marca moi recoñecida malia non contar cunha rede de destribución, digamos, tradicional. Para mercar os seus productos temos dúas opcións: mercar directamente a China e arriscar co tema da garantía, ou mercar desde o noso país a través dun importador.

Pois ben, hoxe toca falar do agardado Xiaomi Mi6 a agardada evolución do Mi5 do que vos falabamos fai un tempo. O Mi6 aínda non sain ao mercado nin ten unha data concreta para facelo, mais os rumores apuntan que a data elixida será algún día do vindeiro mes de abril. O que si sabemos agora é que Xiaomi non introducirá o agardado procesador de Qualcomm, o Snapdragon 835 de 10nm.

A verdade é que é unha situación que se repite, xa que  LG tampouco puido contar con este procesador para o LG G6 presentado no Mobile World Congress, nin tampouco o HTC U Ultra. A solución de Xiaomi, semella que pasa por lanzar un primeiro lote de Mi6 cun Snapdragon 821 e despois, cando o agardado 835 estea máis rodado, sacar unha nova remesa, se cadra con nome comercial Mi6s.

En calquera caso, xa falta pouco para saber cales serán as especificacións finais deste terminal, que de seguro dará que falar como xa o fixo o Mi5 o ano pasado.

Sobre o autor

Reply