Duo e Allo incorporan novas e interesantes funcionalidades

Hai un tempo Google anunciou a chegada de dúas novas de comunicación: Allo e Duo. Desde o seu lanzamento, e vendo á competencia á que se enfrontan, botabamos en falta varias varias cousas.

Por sorte estes días confirmouse que además de facer videochamadas, con Google Duo tamén poderemos facer chamadas de voz. Polo de agora esta funcionalidade está dispoñíbel no Brasil e nos vindeiros días chegará a máis países.

Pola súa banda, Google Allo tamén recibiu unha nova funcionalidade que na nosa opinión tiña que ter incorporada desde o comezo. Estamos a falar de que desde agora, poderemos compartir arquivos en diferentes formados, destacando: pdf, docs, apk ou mp3.

Malia ter que agardar tempo por estas incorporacións, vemos que estas apps seguen vivas para Google e agora só queda o máis complexo: facer que as usuarias confíen nelas e as usen de xeito habitual.

Sobre o autor

Reply