Logo de moito tempo sen retocar as súas tarifas, Eroski Móvil vén de anunciar o lanzamento de dous novos plans pensados para xente que non fala demasiado e ten un consumo de datos máis ou menos reducido. Son as novas tarifas “Fan”.
- Fan 1. Por 9,50 euros ao mes ofrece 1 GB de navegación e 100 minutos de voz.
- Fan 3. Por 15,50 euros ao mes ofrece 3 GB de datos e 100 minutos de voz.
De rematar os minutos de voz as chamadas pasan a ter un establecemento de chamada de 18,15 céntimos e un custe de 3,5 céntimos por minuto. Do mesmo xeito, ao superarse o volume de datos pódese navegar a velocidade reducida ou seguir navegando á máxima velocidade por 3,6 céntimos o MB.
Eroski Móvil emprega a rede de Vodafone, aínda que unicamente a través da rede 3G e 2G, pois a operadora británica ten vetado o 4G aos OMV que dependen da súa rede, agás a Lowi.