Estes poderían ser os prezos do Xiaomi Mi 6 e 6 Plus

Desde fai tempo, o Xiaomi Mi6 e un dos terminais que máis interese xenera xunto cos principais flagships dos mercados. Desta volta, temos novidades sobre os seus prezos que chaman a atención polo competitivos que son.

Se queremos un Mi6, podemos atopar desde:

  • 270€ para o de 4 GB de RAM e 32 GB de memoria.
  • 310€ para o de 4 GB de RAM e 64 GB de memoria.
  • 356€ para o de 6 GB de RAM e 128 GB de memoria.

Se unha versión máis premium podemos elexir o Mi6 Plus e atoparémolo desde:

  • 350€ para o de 4 GB de RAM e 64 GB de memoria.
  • 405€ para o de 6 GB de RAM e 128 GB de memoria.
  • 470€ para o de 8 GB de RAM e 256 GB de memoria.

Por estes prezos temos resolucións FullHD para o Mi6 con 5,2″ e QuadHD para a versión Plus, cun tamaño de pantalla próximo ás 5,7 polgadas. Ademáis, dobre cámara principal co mesmo sensor ca o Sony Xperia ZX e os acabados serían de cristal ou cerámica.

Así mesmo, especúlase coa posibilidade de que algunha versión chegue a incorporar o desexado Qualcomm Snapdragon 835, algo que fai un tempo estaba case descartado pola gran demanda deste procesador, ademáis de incorporar o Snapdragon 821 ou Mediatek Helio X30 para as versión máis económicas.

De calquera xeito, o día 16 de abril este terminal será presentado na China e confirmaremos ou non todos ester rumores e filtracións do que sen dúbidas, é un dos terminais máis importantes do ano.

Sobre o autor

Reply