A presentación do Galaxy S8 onte pola tarde, puxo en primeira liña a Samsung durante moitas horas. Presentou o seu flagship para este ano, tentando facer esquecer o fiasco do último Galaxy Note.
Pos ben, aproveitando este día tan importante para empresa, tivemos a oportunidade de coñecer, grazas á televisión chinesa CNTV, a confirmacion por parte de Samsung da chegada ao mercado do Galaxy Note 7 reacondicionado para o mes de xuño. Iso si, este terminal só estará presentado en países coma India, Vietman e outros co contienten africano.
Ben seguro, que moitas de vós estaredes pensando no prezo e neste punto atopamos o seu principal problema. Semella que só haberá unha rebaixa de entre o 3 e 5% respecto ao precio orixinal, o que a todas luces non é xustificábel por varías razons:
- Por moito que estemos a falar dun integrante da familia Note, é un terminal cun hardware de hai practicamente 1 ano, e pola velocidade á que se move o mercado, isto é moito tempo.
- Xentiña de Samsung: a imaxe deste terminal está polo chan e pasará á historia da telefonía como un dos grades fiascos da historia.
En base a isto, pensamos que a rebaixa tiña que ser máis notabel.
Aínda que pareza que Samsung se preocupe por este terminal, a verdade é que non é tanto así. Hai un tema importante que axuda a explicar o relanzamento do Note 7 que é unha lei existente en Corea do Sur, pola cal os terminais deben ser reciclados para darlles un segundo uso e de non facelo, serían multados. Despois de coñecer isto, e sabendo que a empresa recuperou 4 millóns de unidades, que ía facer con elas?
De calquera xeito, agardaremos a ver que acontece con este smartphone que estaba chamado a reinar durante unha época máis acabou facendo estragos e acabou sendo retirado do mercado.