O HTC U (a.k.a. Ocean) déixase ver nuns renders filtrados

Este mes de abril está previsto que HTC anuncie un novo teléfono, o HTC U, tamén coñecido como Ocean. Por iso as filtracións van sendo cada día máis relevantes, e as últimas amosan uns renders que deixan poucos segredos por descubrir.

A estas imaxes hai que sumar unhas especificacións moi interesantes, que xa fomos coñecendo nas últimas semanas. Segundo parece, todo apunta a que o novo teléfono de HTC incorporará o procesador Qualcomm Snapdragon 835, xunto con 4 GB de memoria RAM e 64 ou 128 GB de memoria interna.

No apartado fotográfico, a cámara principal (traseira) sería de 12 megapíxeles, mentres que a frontal tería un sensor de 16 megapíxeles. En cando ao seu deseño, semella que o fabricante taiwanés apostará por uns reducidos marcos laterais, que axudarán a ofrecer unha experiencia moito máis compacta, malia termos 5,5 polgadas de pantalla.

Teremos que agardar aínda uns días para descubrir se estas especificacións e imaxes que fomos coñecendo son reais, ademais  de sabermos como afrontará HTC os próximos meses.

Sobre o autor

Reply