Agora si: os LG G Watch R e Watch Urbane actualizan a Android Wear 2.0

A semana pasada Google iniciou, tras moitos atrasos, a actualización de varios reloxos a Android Wear 2.0. Porén, pese ao alto número de modelos aos que está previsto que chegue esta nova versión de Android Wear, inicialmente só foi despregada a uns poucos, alegando un bug nas probas finais.

Entre os que viron paralizada a súa actualización estaban dous dos modelos máis exitosos no noso país, o LG G Watch R e o Watch Urbane. Pois ben, Google vén de reactivar a actualización para estes dous trebellos, e desde onte á tarde as usuarias están a recibir a susodita actualización de software.

Imaxinamos que será cuestión de tempo que o resto de reloxos que serán actualizados a Android Wear, ademais dos de LG, vaian recibindo o paquete de instalación con todas as novidades que incorpora Wear 2.0. Serán os ASUS ZenWatch 2, ASUS ZenWatch 3, Huawei Watch, LG Watch Urbane 2º generación LTE, Moto 360 2nd Gen, Moto 360 Sport, New Balance RunIQ, Casio Smart Outdoor Watch, Casio PRO TREK Smart, Fossil Q Founder, Fossil Q Marshal, Fossil Q Wander, Michael Kors Access Smartwatches. Nixon Mission, Polar M600 e o TAG Heuer Connected.

Sobre o autor

Reply