O Honor 6C chega a finais de abril ao noso país por 229 €

A finais de mes poderemos mercar no noso país o Honor 6C, un dos últimos modelos de Honor, a marca alternativa de Huawei para Europa. Trátase dun dispositivo deseñado para cubrir o segmento da gama media, combinando unhas especificacións atractivas e un prezo acaído.

Na súa folla de características o primeiro que atopamos é que incorpora unha pantalla IPS de 5 polgadas con resolución HD. No seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon 435, xunto con 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD.

No apartado multimedia, o Honor 6C leva unha cámara traseira de 13 megapíxeles e un sensor frontal de 5 megapíxeles. Finalmente, a súa batería queda nos 3020 mAh e dispón de lector de pegadas dixitais, situado na parte traseira do termianl, alén de conectividade 4G/LTE.

O Honor 6C poderase mercar a finais de abril en tres cores diferentes (gris, prata ou dourado) por 229 euros. Como vén sendo habitual, comercializarase a través da tenda online vMall.

Sobre o autor

Reply