Gionee anuncia o M6S Plus, un terminal de gama media con pretensións

 

Gionee vén de anunciar o lanzamento do Gionee M6S Plus, un trebello de gama media premium con grandes aspiracións, e que destaca especialmente pola súa batería de 6020 mAh e a presenza de 6 GB de memoria RAM.

O novo smartphone integra unha pantalla AMOLED de 6 polgadas con resolución Full HD. No seu interior temos un procesador Qualcomm Snapdragon 653 xunto cos xa citados 6 GB de RAM e dúas opcións de almacenamento, 64 e 256 GB, que poden ser ampliados mediante tarxetas microSD de até 128 GB.

No apartado fotográfico, e seguindo os pasos das grandes marcas co seus buques insignia, temos unha cámara principal de 12 megapíxeles, con apertura f/1.9, mentres que a frontal é de 8 megapíxeles. A súa batería é de 6020 mAh de capacidade, con carga rápida Quick Charge 3.0 de Qualcomm.

En canto a sistema operativo, leva Android 6.0.1 Marshmallow, aderezado coa capa de personalización AmigoUI, na súa versión 3.5.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Gionee M6S Plus porase á venda oficialmente o próximo 2 de maio por 467,75 euros na versión de 64 GB, mentres que o modelo de 256 GB terá un custe de 575 euros.

Sobre o autor

Reply