Google fixo moitos cambios na última xeneración dos smartphones Nexus, tantos que até lle mudaron o nome, sendo comercializados coma Google Pixel e Pixel XL.
Pois ben, xa avanzado este ano 2017 as novas sobre a segunda xeneración dos Pixel non deixan de chegar e queremos destacar dúas. A primeira é que parece claro que o procesador elixido para que faga voar o terminal será o desexado Snapdragon 835. Un procesador que montan terminais tan recoñecidos coma o Galaxy S8 (versión USA) ou o Xiaomi Mi6.
A segunda nova é que van ser 3 os Pixeles presentados este ano, e os rumores van dirixidos a crer que serán 2 terminais e outro que podería ser o sustituto da Pixel C, que xa probamos no seu día.
E para rematar a nova máis importante é que os novos Pixel poderán ser mercados no noso país. Lembremos que os actuais Pixel e Pixel XL non se podían mercar desde a Play Store o que dificultaba de xeito importante o a súa compra. Polo de agora aínda é cedo para coñecer un listado máis completo de características, máis cremos que HTC fabricará uns terminais á altura dos principais smartphones do ano.