Yi Halo, a cámara de Google para vídeos 360º profesionais

Temos que remontarnos ao Google I/O de 2015 para lembrarnos da presentación de Jump, o proxecto de Google para potenciar os contidos en 360 graos. Os froitos dese proxecto foron aparecendo nos últimos tempos, mais agora veñen de adquirir unha nova dimensión co lanzamento de Yi Halo.

A Yi Halo é a nova cámara de Google na que atopamos un total de 17 cámaras, grazas ás cales poderemos gravar vídeos de calidade 8K en 360 graos a 30 frames por segundo.

A orientación profesional implica tamén un importante hándicap de prezo, pois a Yi Halo terá un prezo de 17.000 dólares cando chegue ao mercado, máis ou menos a mediados de ano.

Sobre o autor

Reply