A Xiaomi acontécelle o mesmo que a moitos dos grandes fabricantes de teléfonos: ao saír un novo terminal o trebello ao que sustitúe baixa de prezo. Esta premisa, válida a día de hoxe, ten especial relevancia se buscamos un dos seus terminais a bo prezo.
A razón non é outra que Xiaomi é ben coñecida por ter terminais competitivos desde o momento da estrea, polo que a baixada de prezos nos modelos anteriores é moito máis relevante. Deste xeito poderemos atopar o Mi5S Plus por uns 300 euros, un prezo moi baixo para un dispositivo destas características.
O trebello en cuestión está equipado cunha pantalla Full HD de 5,7 polgadas, e no seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon (de catro núcleos a 2,3 GHz) xunto con 4 GB de memoria RAM e 64 GB de memoria interna, polo que é unha compra bastante segura se buscamos un modelo cun bo rendemento.
Aínda que a marcha chinesa non vende oficialmente no noso país, son varias as empresas e tendas online que importan este e outros modelos de Xiaomi, nalgúns casos mesmo ofrecendo garantías de compra; non hai máis que googlear un pouco para dar con algunha delas.