Whatsapp xa deixa fixar grupos na parte superior da listaxe de chats

Desde a versión 2.17.163 Whatsapp (beta) poderemos fixar até tres dos nosos grupos na parte superior da listaxe de conversas, para que deste xeito, fiquen ben á vista cada vez que abrimos aplicación

Até o de agora, Whatsapp ordeaba as nosas conversas de xeito cronolóxico, sen diferenciar se o chat pertencía a un grupo ou a un contacto e sen ter posibilidade de organizar isto doutro xeito. Esta situación vénde mudar estes días e Whatsapp xa permite ancorar os chats nos que temos máis actividade para que sempre aparezan na parte alta da app.

O sistema non pode ser máis doado. Como vemos na captura anterior, só temos que premer durante un par de segundos o chat que queremos fixar, aparecendo na parte superior unha chalota e, cando a prememos, a conversa quedará ancorada até desfacer a operación.

Sinxelo, non si? Pois para activar esta funcionalidade só tedes que pertencer ao programa beta, xa que polo de agora esta opción non chegou ás versións finais.

Sobre o autor

Reply