Unha recente actualización do teclado de Google, o Gboard, permitiranos mover o teclado pola pantalla até certo punto) e tamén elixir o seu tamaño. Con estas novidades, Google permite configurar o seu teclado para que deste xeito, adaptalo tanto aos diferentes tamaños de pantalla, coma ás nosas preferencias. Imos aló.
Premendo no G presente na parte superior esquerda do teclado, aparecerá un menú, que entre outras funcións, atopamos a de manexar o teclado cunha soa man (o segundo pola dereita). Prememos sobre el.
Agora, tal e como vemos na seguinte captura, aparecen unha serie de iconas na parte dereita do Gboar, e teremos que premer na ultima opción.
Agora si, como vemos na derradeira captura poderemos facer máis grande ou máis pequeno o teclado, premendo e deslizando en calquera das catro esquinas. Iso si, se o que queremos e cambiar o teclado de posición o que temos que facer é premer sobre a icona central de cor verde con catro frechas no seu interior, podendo o mover o teclado e colocalo nun posición máis centrada sobre a pantalla e non na parte inferior como aparece por defecto.
Como vedes, o proceso non pode ser máis sinxelo e para poder acceder a estas funcionalidades, só tedes que ter a aplicación actualizada.