O Nubia M2 Lite ponse á venda no noso país por 279 euros

Nubia segue a aumentar o seu portfolio de smartphones coa posta á venda no noso país do novo Nubia M2 Lite, un dispositivo que aposta pola fotografía móbil a un prezo máis ou menos contido: 279 euros.

O Nubia M2 Lite incorpora unha pantalla de 5,5 polgadas con resolución HD (1280 x 720 píxeles, 267 píxeles por polgada). No seu interior leva un procesador MediaTek MT6750, de oito núcleos a 1,5 GHz, xunto 3 GB de memoria RAM e 64 GB de memoria interna, que poden ser ampliados mediante tarxetas microSD de até 128 GB.

No apartado fotográfico, principal reclamo do trebello, temos unha cámara frontal ISOCELL CMOS de 16 megapíxeles con apertura f/2.0, o que sobre o papel semella unha moi boa calidade, mentres que para a cámara posterior temos un sensor Sony Exmor RS CMOS de 13 megapíxeles con enfoque híbrido PDAF de 0,1 segundos.

A súa batería ten unha capacidade de 3000 mAh e dispón de sistema de carga rápida. Ademais, leva integrada a tecnoloxía NeoPower 2.5, o que permite dirixir a cantidade xusta de enerxía sen esquecer o rendemento e a potencia. Por outro lado, tamén dispón de sensor de pegadas dixitais e tecnoloxía FiT 2.0 para manexar o dispositivo tocando nos bordes da pantalla.

Dispoñibilidade e prezo.

O Nubia M2 Lite xa está á venda no noso país por 279 euros, concretamente a través de FNAC. Pódese mercar en dúas cores, Black Gold e Champagne Gold, e proximamente tamén chegará a Phone House e Telecor.

Sobre o autor

Reply