Daesh terá o seu “Facebook” particular

Segundo publicou esta semana a axencia Reuters, o grupo terrorista Daesh estaría a desenvolver unha rede social propia para comunicarse e difundir a súa mensaxe. Esta idea xorde logo da persecución exitosa das autoridades para eliminar calquera tipo de mensaxe ou documento extermista nas redes sociais “tradicionais”, de aí a necesidade de crear un lugar propio afastado das investigacións.

Para iso, Daesh estaría a contar cun grupo extenso de desenvolvedores para levar a cabo este traballo, xa que era coñecido por todas que fai un tempo empregaban chats segredos de Telegram, polo que se supón que ademais da parte propagandística tamén levaría un sistema de mensaxería completo lonxe do alcance das autoridades.

A creación desta plataforma foi descuberta hai tan só uns días logo dunha operación da Europol contra os contidos extremistas na rede, tal e como comunicou o director da axencia, Rob Wainwright.

Sobre o autor

Reply