Este é o ASAP X-Connect, un cable magnético para cargar os teus gadgets

Hoxe queremos amosarvos un cargador magnético para os nosos smatphones. Este cargador, da empresa ASAP, é o X-Conncet que ten coma principal característica o seu conector mágnetico que popularizara Apple hai uns anos nos seus MacBook.

Este cable é compatíbel tanto con USB, USB TypeC e mesmo o Lightning de Apple, polo que teremos cubertas todas as nosas necesidades, ademáis de evitar accidentes por tiróns accidentais cando temos o terminal conectado á parede ou a unha batería externa.

Temos diferentes prezos para o X-Connect que varía en función do número de cables que precisemos. Se temos dabondo con 1, teremos que pagar 22 USD mentres que o pack familiar que inclúe 5 cables é de 92USD. Na seguinte ligazón tedes todas as posibilidades que vos ofrece a empresa.

Sobre o autor

Reply