Xa falamos en varias ocasións dos plans de Samsung para volver lanzar ao mercado os Galaxy Note7 que quedaron no almacén por non poder ter sido vendido. Pois ben, estes ‘novos’ dispositivos chamaranse Galaxy Note 7R.
O R, que vén a significar refurbished, engádese á denominación para evitar problemas legais e garantir que estes trebellos son realmente reacondicionados e non os modelos orixinais co problema na batería que fixo que non puideran poñerse á venda.
Nun primeiro momento poderase mercar en Corea do Sur a un prezo notabelmente máis baixo cá o orixinal, aproximadamente uns 450 dólares, a metade do seu prezo orixinal. Isto fará que moita xente poida facerse cun dispositivo de alta gama a un prezo irrisorio, mais tamén servirá a Samsung para recuperar gran parte das perdas.
A principal novidade desta nova versión é a sustitución das baterías, pasando dos 3500 mAh orixinais a uns 3200 mAh. O resto de especificacións manteranse intactas.
Que vos parece este cambio? Mercaríades un Galaxy Note 7R a este prezo?