Juifi, nova operadora de Internet, teléfono e móbil nas terras de Melide

Un dos problemas que ten o rural de Galiza é a falta de conexión á rede, pois aínda que nos últimos anos se ten avanzado, os sucesivos Plans de Banda Larga non están a conseguir o obxectivo de ofrecer conexións de calidade para moitas galegas e galegos.

Por iso, en varios puntos do país están a nacer novos operadores centrados en ofrecer un servizo de acceso a Internet no rural a través de varias tecnoloxías. Unha destas empresas é Juifi, unha compañía que vén de comezar a súa andaina en Melide e nos seus concellos limítrofes, aínda que a curto prazo ten previsto chegar a outros concellos da xeografía galega.

Como podedes ver na imaxe anterior, Juifi ofrece conexións WIMAX de 4, 6, 10 e 15 megas, mais a posibilidade de termos un pack de minutos a fixos. O custe de alta e instalación é de 120 euros.

Por outra banda, Juifi tamén ofrece comunicacións móbiles, cun abano de 8 tarifas para adaptarse ás diferentes necesidades de comunicación que poidan ter os seus clientes.

Tampouco esquece a xente de Juifi aos profesionais, ofrecendo servizos avanzados para empresas, como unha centraliña virtual para comunicacións na nube ou o “Pack Juifi Sin Conexión”, que inclúe servizo de fax to email, chamadas internacionais ou rede intelixente 900/901/902, entre outros.

Máis info | Juifi

Sobre o autor

One Response

Reply