Analizamos o LG G6, a gran aposta de LG para o 2017

Anunciado en Barcelona no marco do Mobile World Congress, o LG G6 é a gran aposta de LG para este 2017. Con el, LG ten como gran obxectivo rachar co proxecto modular que supuxo o G5, un terminal que pese ás súas grandes cualidades non acadou nin de lonxe o éxito previsto.

Deseño, acabado e conexións

Co LG G6 a compañía racha con algunha das súas teimas, a máis importante a de esquecer a batería extraíbel, da que fixera batalla. Temos un terminal unibody no que aposta pola pantalla grande sen que isto supoña ter a sensación de ter un terminal de grandes dimensións na man, algo no que son expertos desde o G2.

Malia a súa concepción tradicional en canto ás formas, o LG G6 non é un terminal “anticuado”, nin moito menos. A principal aportación deste móbil é a maximización do ratio de pantalla, pois non cabe dúbida de que os smartphones “todo pantalla” chegaron para quedar, cando menos na gama alta.

Se falamos de materiais, hai que destacar o uso de cristal Gorilla Glass tanto na parte dianteira para protexer a pantalla como na capa posterior, aínda que importantes diferenzas. Para a pantalla escolleron Gorilla Glass 3 para facer a pantalla o máis delgada posíbel mantendo a resistencia, mais na parte traseira temos Gorillas Glass 5 para garantir un mellor resultado nos “maltratos” do uso diario.

Sostendo o terminal na man non vemos botón algún. O lector de pegadas dixitais está colocado atrás nunha situación óptima para acceder co dedo índice, mentres que o botón de atrás-inicio-multiventá están integrados, para favorecer o mencionado efecto “todo pantalla” e deste xeito é como colocan unha pantalla de 5,7″ nun corpo deseñado tradicionamente para terminais de 5 ou 5,2 polgadas.

Hardware e rendemento

O músculo que move con moita axilidade o software é o procesador Qualcomm Snapdragon 821 un quad-core (2×2.35 GHz e 2×1.6 GHz), unha GPU Adreno 530 que está acompañado por 4 GB de RAM. A nosa unidade conta con 32GB de almacenamento interno aínda que de ser necesario tamén existe un modelo con 64 GB. En ambos casos é posíbel ampliar a memoria cunha microSD de até 256 GB.

A pesar de non ter incorporado o procesador estrela deste 2017, o Snapdragon 835, o certo é que o rendimento deste LG G6 é espectacular. O dispositivo pode con todo tipo de aplicacións, as transiccións son inmediatas e, malia forazalo, non é un smartphone que se quente demasiado co uso.

Leva tamén Bluetooth 4.2, varios sistemas de GPS (A-GPS, GLONASS e BDS), así como o novo conector universal USB Tipo C e, por suposto, NFC.

Pantalla

Pasemos a falar da pantalla. O pánel que incorpora o G6 é de tecnoloxía IPS de 16 millóns de cores e 5,7 polgadas cunha resolución é de 1440 x 2880 con 564 píxeles por polgadas.

Como non podería ser de outro xeito, tamén hai innovación neste aspecto. Trátase do ratio, onde LG decidiu apostar por unha relación de aspecto novidosa, 18:9. Deste modo podemos ver o memso contido ca nun G5 pero mantendo os botóns de navegación de Android en pantalla, mais o importante é que podemos gozar de moito máis contido e dos vídeos dunha maneira superior, sempre e cando veñan con este ratio, moi ligado ao mundo do cinema.

Cámara

No apartado fotográfico destacan, como non, a dobre cámara principal que incorpora a equipa. Como ela, e tal e como poderedes ver na galería que ligamos máis abaixo, os resultados son moi bos, podendo ademais xogar coa gran angular coa que conta o G6 para incorporar moita máis información na fotografía.

Calquera dos seus modos de uso, automático, manual (moi doado de axustar), ou HDR posibilitan exprimir ao máximo as cámaras para acadar o mellor resultado posíbel sen esforzo, conseguindo unhas fotos de gran calidade.

Así mesmo, tamén temos unha aplicación de cámara “cadrada”, que xoga coa pantalla de 18:9 dividíndoa en dúas, para facilitar sacar fotos en formato cadrado, que poderemos previsualizar no momento en que sacamos a foto.

En canto á cámara frontal, temos un sensor de 5 megapíxeles cunha calidade superior ao habitual, aínda que as posibilidades de empregar o sensor de pegadas dixitais como disparador dan unha idea de que o obxectivo de LG é que empreguemos o dobre sensor traseiro para todo.

Se queredes ver como se comporta a cámara do LGG6, no noso perfil de Flickr podedes ver unha extensa galería de imaxes tomadas con el.

Batería

A batería do LG G6 é de 3300 mAh, unha capacidade abonda para manter a pantalla acesa máis de 6 horas. Ademais dispón do sistema de carga rápida, que nos permite recuperar rapidamente boa parte da carga para seguir disfrutando do terminal durante máis tempo.

Software

O LG G6 saiu ao mercado con Android 7.0, aínda que personalizado coa capa UI 4.0 de LG. Entre esta personalización habitual de LG atopamos curioso a posibilidade de non ter un box de aplicacións tradicional, snón que, se así o desexamos, podemos ter todas as aplicacións instaladas colocadas polos diferentes escritorios, podendo organizalas en diferentes cartafois e non ter así un número (case) infinito de escritorios on apps.

Aínda que tamén podemos manter a distribución de sempre en Android, ou mesmo se pensamos que as capas de personalización son moi intrusivas, podemos baixarnos un launcher da Play Store. Por sorte, Android apostar solucións.

 

Conclusións

Logo de ter repasado as principais características durante a nosa proba, non temos ningunha dúbida de que estamos ante un terminal moi potente orientado ás usuarias máis exixentes. Ben é certo que non ten o procesador máis potente, nin a mellor cámara ou o mellor panel, pero a combinación de todos os seus compoñentes fan que estemaos ante un terminal “redondo”, moi ben acabado.

Xunto co Huawei P10 que analizamos xa hai un tempo, e o Samsung Galaxy S8, do que en breve publicaremos a review, o LG G6 forma parte dese top de terminais a ter en conta se buscamos un dispositivo de alta gama no que confiar para o noso día a día.

Pódese mercar en varias cores a través das principais tendas físicas de electrónica ou online por uns 600 euros.

Sobre o autor

No Responses

Reply