Unha vez máis Evan Blass filtrou o que semella será os novos terminais de Nokia. No vídeo vemos o que pode ser o Nokia 8, quedando claro que apostan pola doble cámara principal e en cando a diseño podemos dicir que manteñén unha liña continuísta se os comparamos cos anteriores.
This will surely get pulled at some point, so I'll mirror it here [source: https://t.co/37yp63CAeC] pic.twitter.com/GktpXnt4pS
— Evan Blass (@evleaks) May 16, 2017
Máis polo miúdo na imaxe extraída do vídeo, vemos xunto ao Nokia 3, 5 e posíbel 8, que aparece a outra novidade, o hipotético Nokia 7, moi semellante ao 8 pero sen dobre cámara, polo que imaxinamos que será unha proposta máis axustada en canto a especificacións e por suposto, prezo.
A información semella ser boa, xa que o propio Evan confirmou que se trata de información oficial obtida dun empregado de Nokia. Coma sempre nestes casos, veremos se o tempo da ou quita razóns.