Google anunciárao hai bastante tempo, mais até o de agora non era posíbel. A xente que vive nos Estados Unidos xa pode facer pagos a través de PayPal empregando o sistema de pagos de Google, Android Pay.
A compatibilidade de Android Pay e PayPal chegará a máis países, entre eles o noso, mais para iso é preciso que chegue o sistema de pagos de Google, algo que se confirmou para este mesmo ano.
Chega Android Pay demasiado tarde?
Cando Google anunciou o seu sistema de pagos móbiles todo foron boas críticas, mais a súa lenta expansión pode telo condenado a fracasar noutros países fóra dos Estados Unidos. A día de hoxe, con alternativas como Samsung Pay, Vodafone Wallet ou as propias aplicacións dos bancos, Android pay deixa de ter tanto sentido.
Malia todo, todo o que sexan opcións e alternativas para as usuarias vai ser benvido, de maneira que sexan quen de poder elixir que sistema empregar.