Pepephone lanza unha tarifa con 19 GB e 5001 minutos por 19,90 euros ao mes

Logo de varios meses sen moitas novidades en tarifas e de ver como mes a mes vai perdendo clientes, Pepephone vén de lanzar un novo plan no que aposta por un xeneroso bono de datos. Trátase da nova tarifa “Inimitable“.

Con este novo plan, a operadora de lunares ofrece 19 GB de datos e 5.001 minutos de voz por 19,90 euros ao mes, co que sen dúbida estamos ante unha das mellores opcións para as usuarias que necesitan gran cantidade de datos ao mes na súa liña de datos.

Rematados os datos, as usuarias poden optar entre duplicar o plan de datos (é dicir, pagar outros 19,90 euros e ter 19 GB para navegar) ou pagar a razón de 1 céntimo / MB. No caso dos minutos, cada minuto extra fóra dos 5001 incluídos custa 1,21 céntimos, con 18 céntimos de establecemento.

Por outro lado, a chegada deste novo plan tamén trae consigo a descatalogación dos bonos con 4,5 e 10 GB de datos, que deixan de ter sentido ao ofrecer unha cantidade de datos e minutos inferiores cunha cota mensual superior.

Conseguir Pepephone o seu obxectivo e revertir as portabilidades? Teremos que agardar aos próximos meses para descubrilo, mais desde logo estamos ante unha oferta moi tentadora.

Sobre o autor

Reply