Acabou Google co problema das actualizacións en Android?

Desde os comezos da vida de Android, o principal problema deste sistema operativo foron as actualizacións que recibían, ou mellor dito, as que non recibían os nosos trebellos. Nós mercabamos un terminal co sistema operativo do momento e, con sorte, podiamos recibir unha actualización importante que dependendo do terminal, podían chegar até dúas. Pero máis aló disto, era moi complicado manter o smartphone actualizado de xeito oficial.

Para pórremedio a este problema, Google lanzou a familia Nexus (agora coñecida coma Pixel) que son gadgets que saen ao mercado con Android puro, revisados por la propia Google e que tentan garantir tanto a mellor experiencia Android, coma a chegada frecuente de actualizacións nun tempo aceptábel. Aínda que iso non acababa co problema.

Agora ben, cal era o principal problema da fragmentación en Android? Na nosa opinión, os fabricantes de terminais. Afirmámolo, xa que ao final está na súa man actualizar ou non os productos que vende cando Google, lanza unha actualización.

Os motivos para non colocar as actualizacións nos terminais son variados, pero sempre acaban tendo un denominador común: os cartos. Os fabricantes non teñen incentivos a actualizar un móbil barato, por moito que o hardware o soporte, prefiren vender un aparello novo. Nos gama alta o conto cambia, como nos reciban actualizacións, polo menos unha das importantes durante a vida útil do terminal, están mortos. Lembrade HTC. Pero aínda así, axiña deixan de actualizar calquera terminal.

Cal é a solución? Complicado, porque obrigar a un terceiro a facer algo, cando lle supón un desenbolso económico importante, a curto/medio prazo pode funcionar, pero a longo non: surporía a morte da plataforma.

Pois ben, Google sábeo e semella que atopou unha “solución” ao problema da fragmentación. Project Treble. Segundo din, isto suporá o cambio de arquitectura en Android, que chegará previsiblemente con Android O, para que os fabricantes non teñan que modicar o sistema para incorporar as súas moficacións e así a actualización sexa máis doada, pois agora o framework Android sería independiente das personalizacións.

Isto non é todo, pois Google tamén chegou a un acordo con importantes fabricantes de hardware coma Qualcomm e Sony para que os drivers sexan compatibles a futuro, coa chegada de novas versións de Android.

Semella que Google deu un paso importante para acabar coa fragmentación, máis todo queda na man dun terceiro, e a verdade somos algo escépticos pois, que interese ten un fabricante de terminais de ter no mercado un smartphone de 2014 cun software de 2017?.

Sobre o autor

Reply