A aplicación de marcador telefónico de Google vén de actualizarse á súa versión 10.0, e esta nova versión incorpora unha funcionalidade extra que nos permite enviar facilmente unha SMS ao rematar unha chamada na que non obtemos resposta.
Nesta SMS poderemos empregar unha das mensaxes predeterminadas que se nos ofrecen como opcións ou ben personalizar unha propia, como podemos ver na captura anterior. Esta funcionalidade foi incorporada na versión prepia de Android O, polo que non está na Play Store para todas.
Sen dúbida trátase dunha boa incorporación ao marcador de Google, sobre todo se temos unha tarifa que inclúe tamén as SMS, xa que nos sairía de balde. Porén, esta aplicación só se pode empregar se temos un terminal Nexus, Pixel ou Android One.