Así son os Huawei Nova 2 e Nova 2 Plus, ambos con dobre cámara traseira

Huawei anunciou estes días o lanzamento dos novos Huawei Nova 2 e Nova 2 Plus, dous modelos que supoñen unha actualización da súa serie de gama media premium. Ambos modelos destacan por integrar un sistema de dobre cámara, unha solución cada vez máis popular.

Huawei Nova 2

O Huawei Nova 2 integra unha pantalla de 5 polgadas con resolución Full HD (1920 x 1080 píxeles) e curvatura 2.5D. No seu interior leva un procesador Kirin 659 con GPU Mali T830-MP2, xunto con 4 GB de memoria RAM e 64 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD.

Como dixemos, é a nível fotográfico onde destaca este modelo. Ten implantado un sistema de dobre cámara traseira (12 + 8 Mpx con apertura f/1.8), mentres que na frontal temos unha cámara de 20 megapíxeles.

A batería sitúase nos 2950 mAh, dispón de lector de pegadas dixitais, USB Tipo C, jack de audio 3.5 e Android 7.0 como sistema operativo, aínda que agochado coa capa de personalización EMUI 5.1

Huawei Nova 2 Plus

Pola súa banda, a versión Plus ten unha pantalla de 5,5 polgadas, aínda que coa mesma resolución Full HD. Comparte practicamente todas as características técnicas do modelo pequeno, sendo os únicos cambios os que comentamos a continuación:

  • 128 GB de memoria interna
  • Batería de 3340 mAh
  • Pantalla de 5,5 polgadas

Dispoñibilidade e prezo

Ambos modelos xa se poden reservar en China, aínda que comezarán a enviarse a partir do 16 de xuño. Está previsto que cheguen a moitos máis países, imaxinamos que entre eles o noso, aínda que polo de agora non hai información concreta de datas.

En canto a prezos, o Huawei Nova 2 custa uns 325 euros ao cambio, mentres que o Nova 2 Plus ascende a uns 375 euros.

Sobre o autor

Reply