Essential Phone, o móbil do creador de Android, Andy Rubin

Cando o creador de Android, Andy Rubin, deixou Google moitas pensaron que era porque xa non cría no sistema operativo ou no rumbo que Google tiña previsto para el. Nada máis lonxe da realidade, Rubin iniciou un camiño fóra do Gran G para facer algo que o motivase, e iso é Essential Phone, o seu novo smartphone, que leva Android 7.1.1 – Nougat.

Logo de moitos ruxe-ruxe, o teléfono da empresa de Andy Rubin é oficial, e chega cunhas características moi interesantes.

  • Pantalla de 5,5 polgadas
  • Procesador Qualcomm Snapdragon 835
  • 4 GB de RAM
  • 128 GB de memoria interna
  • Cámara traseira dobre (13 Mpx + 13 Mpx monocromo)
  • Cámara frontal de 8 Mpx

Como está sendo norma neste 2o17, os marcos apenas existen neste trebello no que a frontal é case todo pantalla, a excepción do oco para a cámara frontal. Porén, o que fai especial e diferente a este dispositivo é a súa modularidade, cunha estratexia un tanto diferente a outras que temos visto.

A través dun sistema imantado na zona traseira do móbil poderemos empregar os diferentes módulos como accesorios. Entre eles, temos unha cámara de 360 graos, aínda que está previsto que cheguen outros máis adiante.

O Essential Phone perde o jack de audio 3.5, polo que as usuarias poderán empregar auriculares que empreguen USB Tipo C ou ben sistemas Bluetooth.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Essential Phone estará dispoñíbel por 699 dólares nos Estados Unidos. Pol ode agora non se sabe se chegará a outros mercados ou se simplemente quedará aló.

Sobre o autor

One Response

  1. Roi 30 Maio, 2017 Responder

Reply