Os novos Nokia con Android chegarán ao mercado no mes de xuño

No pasado Mobile World Congress a nova Nokia anunciou o lanzamento de varios dispositivos. Ademais dunha reedición do clásico Nokia 3310, presentáronse en Barcelona 3 novos modelos con Android, que por fin chegan ao mercado internacional.

Os Nokia 3, Nokia 5 e Nokia 6 son tres modelos de gama entrada con 5, 5.2 e 5.5 polgadas respectivamente, e cunhas especificacións técnicas que tamén van mellorando co tamaño, pero que en calquera caso quedan nunha gama media básica.

Segundo apuntan varias empresas distribuidoras, o Nokia 3 chegará o día 6 de xuño por 159 €, mentres que o Nokia 5 faráo por 219 euros e o Nokia 6 por 259 euros.

Sobre o autor

Reply