Nubia promete mellores selfies co novo M2 Lite

Nubia anunciou semanas atrás o lanzamento dun novo terminal orientado ás usuarias que gostan dos autorretratos ou selfies. Trátase do Nubia M2 Lite, un dispositivo que destaca pola súa cámara frontal ISOCELL CMOS de 16 megapíxeles con flash LED e apertura f/2.0, que vén de poñerse á venda no noso país.

O resto de especificacións do dispositivo tampouco o desmerecen, pois conta cunha procesador MediaTek MTK6750, de oito núcleos a 1,5 GHz, e opcións de 3 + 32 ou 4 + 64 GB de memoria RAM e memoria interna, respectivamente, aínda que ampliábeis mediante tarxetas microSD.

En canto ao resto de especificacións, cómpre destacar a presenza dunha cámara traseira semellante á dianteira (ISOCELL de 16 megapíxeles con apertura f/2.0) e unha batería de 3000 mAh de capacidade.

En canto a prezos, a versión de 3 GB de RAM e 32 GB de memoria interna custará 270 euros, mentres que a opción superior aínda está prevista de confirmar.

Sobre o autor

Reply