Orange mellora a oferta de roaming máis aló de Europa con “Everywhere”

A partir do 15 de xuño, independentemente de cal sexa a nosa compañía, poderemos disfrutar do roaming sen custe adicional na Unión Europea. Isto quere dicir que a nosa tarifa non se verá incrementada se empregamos o noso móbil para chamar ou para navegar fóra do Estado español, o que suporá un importante aforro.

Para marcar diferenzas, operadoras como Vodafone ou Orange seguen indo un paso máis aló da normativa europea. Deste xeito Vodafone, que xa adiantara a fin do roaming para as súas clientas de contrato, manterá o este beneficio para viaxar aos Estados Unidos, ao tempo que Orange mellora notabelmente a súa oferta para viaxar a outros países que quedan fóra do marco Comuniario.

No concreto, Orange vén de lanzar a súa oferta “Everywhere”, un bono co que poder aforrar en 33 países de todo o mundo, entre os que inclúen os destinos máis habituais das turistas españolas. Este bono estrearase tamén o día 15 de xuño, e é compatíbel con todas as tarifas da compañía.

De xeito semellante ao que ocorría co bono “Go Europa”, as clientas só pagarán os días nos que usa o móbil no extranxeiro, xa que a súa activación e gratuíta e non ten cotas fixas ou compromisos de permanencia.

En Estados Unidos, Suíza, Canadá, Chile, China, Xapón, Marrocos, México e na República Dominicana (todos eles con cobertura 4G), Orange ofrecerá 100 MB para navegar durante 24 horas por 5 €, e/ou 30 minutos para chamar durante 24 horas por 5 €. Unicamente pagarase esta cantidade o día que se fala ou navega, e son de renovación automática ao rematar os 100 MB ou 30 minutos.

Noutros 24 países e territorios (Andorra, Arxentina, Brasil, Colombia, Ecuador, El Salvador, Guatemala, Illa de Guernesey, Honduras, Illa de Man, Illas Foreo, Illa de Jersey, Mónaco, Nicaragua, Panamá, Paraguay, Perú, Porto Rico, San Marino, Sudáfrica, Turquía, Uruguai e Venezuela) aplicarase un 50% sobre a tarifa básica de roaming nas chamadas realizadas e recibidas por unha cota diaria de 1 €, que tamén cobrarán unicamente os días nos que se faga ou reciba unha chamada.

Sendo estes prezos elevados, o certo é que o aforro sobre a oferta anterior é considerábel, pois o prezo por MB que cobraba Orange fóra de Europa era de 12 €.

Sobre o autor

Reply