OnePlus anunciou onte a data do lanzamento do novo OnePlus 5, prevista para o próximo 20 de xuño. Porén, a nova quedou algo deslucida, pois ao mesmo tempo filtrábase unha imaxe de prensa que revelou o deseño do novo smartphone da compañía, chamado a competir cos principais buque insignia a un prezo notabelmente inferior.
A imaxe permitiunos ver seu deseño, e a comunidade non tardou en atopar as grandes similitudes co iPhone 7 Plus, aínda que incorporando o sistema de dobre cámara posterior. Esta característica estase facendo cada vez máis popular en todos os terminais de referencia.
En canto ás súas especificacións, a listaxe de filtracións é bastante ampla, aínda que hai que collela con pinzas. O procesador sería un Qualcomm Snapdragon 825, que estaría acompañado de 8 ou 6 GB de memoria RAM e 128 GB de almacenaxe interna.
A cámara principal ten un dobre sensor de 16 megapíxeles, que sen coñecer o modelo concreto, estaríamos a falar duns lentes desenvoltos en colaboración con DxOmark. Para a cámara frontal teríamos un sensor de 8 megapíxeles.
A falta de máis información, tocaranos agardar á presentación oficial para ver o dispositivo con todo tipo de detalles e, con certeza, ter máis imaxes e vídeos do mesmo. Que vos parece?