Zopo Speed X, un novo gama media con prestacións avanzadas

A finais da semana pasada Zopo anunciou o lanzamento do Zopo Speed X, un dos seus últimos terminais, que se enmarca a medio camiño entre a gama de entrada e a gama media. Como vén sendo habitual nos dispositivos desta marca, o novo Speed X axuda a universalizar características que até non hai moito eran case exclusivas das gamas media-premium e gama alta.

O Zopo Speed X incorpora unha pantalla IPS de 5 polgadas con resolución Full HD (1080p). No seu interior alberga un procesador MediaTek, no concreto o modelo MT6753, de oito núcleos a 1,3 GHz. Xunto a el temos 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna ampliábeis mediante microSD.

Na parte traseira leva un sistema de dobre cámara, cun lente de 13 megapíxeles e outro de 2 Mpx, mentres que a frontal é un sensor de 13 megapíxeles; ambas as dúas teñen o seu correspondente flash tipo LED. Completando a ficha de especificacións, a batería sitúase nos 2680 mAh de capacidade, e dispón de lector de pegadas dixitais traseiro. En canto ao sistema operativo, é Android 7.0 Nougat, coa correspondente capa de personalización do fabricante.

Polo de agora Zopo anunciou a súa posta á venda na China, aínda que sen confirmar unha data exacta. O seu prezo rondará os 200 euros, e segumente chegue ao noso país nos próximos meses para seguir así coa expansión internacional que está a facer a marca desde hai uns anos

Sobre o autor

Reply