Fíltranse algunhas das características do Samsung Galaxy S8 Active

Que Samsung anda a preparar unha versión robustecida do seu Galaxy S8 non era ningún segredo, mais agora véñense de filtrar parte das súas características técnicas que desvelan que o Galaxy S8 Active vai ser un modelo case tant potente como o modelo orixinal.

En concreto, o trebello no que traballa Samsung leva o procesador Qualcomm Snapdragon 835, o mesmo que inclúe unha das variantes dos Galaxy S8 / S8+. Xunto a el, 4 GB de memoria RAM e como versión do sistema operativo Android 7.0 Nougat, aínda que actualizábel a Android 8.0.

Esta filtración deixa importantes lagoas, como saber o tamaño e a resolución da súa pantalla, unha característica que seguramente quede algo recurtada frente á versión orixinal en favor dunha resistencia maior.

Haberá que agardar unhas semanas para ver cal é a estratexia de Samsung, pois os últimos modelos non foron comercializados a nível mundial, senón simplemente en mercados concretos como o estadounidense a través da operadora AT&T.

Sobre o autor

Reply