R volve subir os prezos nas súas tarifas de maneira xeralizada

Hoxe R estrea oferta comercial para as novas altas, uns cambios que afectarán ás xa clientes (particulares e negocios) a partir do ciclo que comezará o 22 de xullo. Como vén sendo habitual nos cambios levados a cabo nos últimos anos pola compañía, a nova oferta supón unha suba xeralizada (e obrigatoria) para as clientas a cambio de máis servizos, que poden ser necesarios ou non.

Os cambios máis significativos chegan na oferta móbil, onde coa premisa de “responder á demanda de máis datos” R aumentará os gigas incluídos nas súas tarifas, cunhas tarifas móbiles que quedan como segue:

  • Tarifa 0 2 GB (10 €/mes). Contará con 2 GB de datos e chamadas a 0 cént/min (establecemento de 21 céntimos), e migrarán a ela as usuarias de tarifa 0 1 GB, ocio, mini, flexible, tarde e única.
  • Tarifa 200 3 GB (17 €/mes). Contará con 3 GB de datos e 200 minutos a fixos e móbiles. Migrarán a ela as usuarias con plana 14, plana 15, tarifa 0 1,5 GB e tarifa 0 3 GB.
  • Plana 3 GB (20 €/mes). Dispón de 3 GB e chamadas ilimitadas. Migran a ela as usuarias da plana 18.
  • Plana 200 8 GB (25 €/mes).  Leva 200 minutos e 8 GB de datos.É nova, de querer o cambio a esta hai que solicitalo.
  • Plana 5 GB (25 €/mes). Inclúe chamadas ilimitadas e 5 GB de datos. Migran a ela as usuarias da plana 23.
  • Plana 10 GB (35 €/mes). Conta con chamadas ilimitadas e 10 GB de datos, pasan e ela as usuarias da plana 34 e plana 46.

Esta suba de prezos non é menor, pois en medio ano a suba nas tarifas é notoria. Por poñer un exemplo, as usuarias da tarifa plana 13 (13 €/mes) viron como subía 1 € en decembro (convertíndose na plana 14), e agora outros 3 máis para chegar aos 17 €/mes: en total, 4 € extra ao mes.

Liñas adicionais

No caso de ter unha tarifa con 5 GB (25 €, antes 23 €) ou superior, pódense coller até un máximo de 3 liñas con tarifa R. Hai catro a escoller:

  • Tarifa R (3 €/mes). 500 MB e chamadas a 0 cént/min con establecemento de 21 cént.
  • Tarifa R 100 1 GB (7 €/mes). 1 GB de datos e 100 minutos.
  • Tarifa R 5 GB (14 €/mes). Chamadas ilimitadas e 5 GB. Migran a ela as usuarias da tarifa R 3 GB.
  • Tarifa R 200 8 GB (14 €/mes). 200 minutos e 8 GB de datos. É nova tarifa e pode pedirse o cambio a través da web.

Datos adicionais

Os cambios tamén chegan aos bonos de datos adicionais para cando se agota o bono contratado. Até o de agora, aplicábanse bonos extra de 200 MB por 2 € até un máximo de 5 bonos (1 GB) e agora pásanse a ofrecer de 500 en 500 (até un máximo de 3) por 2,95 €.

Internet contigo

Afortunadamente para as usuarias de R, non todo son malas novas. Unha das novidades presentadas nesta nova oferta comercial é o lanzamento de “Internet contigo”, un servizo no que as persoas que teñan contratado un mambo con Internet ou un combo, xunto cunha tarifa plana 3 GB ou superior no móbil, recibirán 3 ou 5 GB de datos gratis.

Estes bonos extra pódense disfrutar dúas veces ao ano, para gastar nun período de 15 días, e só se aplican en territorio estatal, é dicir, non valen para usar en roaming dentro da Unión Europea.

Televisión

R tamén adianta que está a traballar na nova oferta de televisión, ligada ao lanzamento do novo desto 4K con Android, do que xa vos comentamos algo hai uns meses. Os novos paquetes serán os que seguen:

  • tv ocio: parecido a tv series, mais con TCM e Comedy Central (no canto de Hollywood e Calle 13).
  • tv festa: con Movistar Series e Series Xtra, sen canles de cinema nin infantís.
  • tv festa rachada: incluirá todas as canles, incluída Movistar Estrenos.
  • opción cine: opción para completar tv ocio ou tv festa. Por 12 €/mes incluirá Movistar Estrenos, Hollywood, Sundance  Channel, Somos, DARK e Xtreme.
  • opción nenos: opción para compeltar tv ocio ou tv festa. Por 5 €/mes inclúe Disney XD, Disney Junior, Nickelodeon e Panda.

Como dixemos ao comezo, os cambios de tarifa aplícanse desde hoxe ás novas altas, e ás usuarias actuais de maneira automática a partir do ciclo que comezará o 22 de xullo. Que vos parecen?

Sobre o autor

3 Comments

  1. Manuel 22 Xuño, 2017 Responder
  2. R user 25 Xuño, 2017 Responder
    • gaveto 27 Xuño, 2017 Responder

Reply

Deixa una resposta a gaveto Cancelar a resposta